Xabier Díaz
Dos primeiros sopros de Xabier Díaz (A Coruña, 1969) a unha gaita nos albores dos 80 ata As Catedrais Silenciadas pasaron case 40 anos. A curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon, tendo sempre a música pop(ular) no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames... hoxe é un dos nomes propios da música tradicional galega. Formou parte do célebre conxunto Berrogüetto entre 2008 e 2014. Paralelamente, participou xunto a Guadi Galego, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández no proxecto aCadaCanto, co que publicaron dous discos. Ten recibido numerosos premios polo seu traballo, como o da Música Independente ao mellor álbum en galego en 2016, o premios Martín Códax no apartado de música tradicional 2016 ou o Premio Rebulir 2021 da Cultura Galega na categoría de Música. As Catedrais Silenciadas é o seu terceiro traballo coas Adufeiras de Salitre, logo de The Tambourine Man e Noró. Os tres discos gozaron dun gran recoñecemento da crítica especializada e do público, cun destacado éxito de vendas e repercusión na World Music. O seu último traballo estivo tres meses no Top Ten da WMCE e acadou o Premio Martín Codax na categoría de Música Tradicional no pasado 2020. As súas actuacións levárono por numerosos países de Europa, África e América. Entre outros, actuou en Cuba, México, Perú, Italia, Irlanda, Suiza, Zimbawe… E nos últimos anos, o proxecto coa banda tivo unha gran proxección internacional, visitando Arxentina, Uruguai, Alemaña, Escocia, Inglaterra, Francia, Bélxica, Suecia, Noruega, Portugal, Holanda, Arxelia…
Os últimos discos
Lorem ipsum dolor sit amet of Lorem Ipsum. Proin gravida
lorem quis bibendum