Sobre o Álbum
Hai un lugar chamado infancia, nese lugar recibimos os impactos máis radicais da nosa existencia, os que perduran no tempo, os que renacen cando xa nin lembrabamos que tiñan acontecido, o amor, a inxustiza, a amistade, o medo, o respecto, a envexa… uns mancan e outros son curativos.
Buscar o lugar onde estaban agochados pode ser de gran axuda, logo toca recolocar de novo, resiliencia… aprender a perder e a gañar sen importar o lugar, relativizar o éxito e o fracaso, caer e levantarse…levantarse e caer.
Levantarse e caer é un breve tratado sonoro sobre todo iso… algúns arrolos, algunha canción para reivindicarnos, outras para curarnos…