Descripción
Lista de cancións
- Muiñeira irmandiña
- Maruxa do benquerer
- Liebre
- Candombe de Sta Mariña
- Maneo náufrago
- Pasodobre de Vigo dos Toxos
- Ronda de Borbolla
- Rumboia viva
- Xota dos Cucos
- Axúdame a sentir
- Alalá do Cebreiro
15,00 € IVA INCLUÍDO
Axúdame a sentir dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio virtual-máquina. As artes, en xeral, atenderon historicamente a nosa necesidade de sentir. Ese lugar sen algoritmos é unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible. Celebrar a non virtualidade, abrazarnos, escoitar, beber, bailar, sentir, escribir, debuxar, cantar, soñar…
A nosa casa é un torreiro e tamén a platea dun teatro ou as mesas dunha baiuca. O que acontece nun concerto é algo único e irrepetible: extínguese ao pechar o pano, mais á súa vez, é unha chama que prende e segue quentando o noso peito durante moito tempo. Ás veces acompáñanos toda unha vida.
Axúdame a sentir é o cuarto álbum en conxunto coas Adufeiras de Salitre, a marca diferencial, a base fundacional e orgánica do proxecto e as que o levaron a este lugar no que nos atopamos hoxe, cunha mestura de compromiso, talento e amor polas músicas herdadas de todas as Obdulias.
Lista de cancións