O Pulso da Terra [2011]

O 1 de xullo de 1995 unha nova formación de estraño nome e son irresistíbel abarrotaba a compostelá praza da Quintana, tras apenas un par de meses de ensaio: Berrogüetto. O pulso da terra é a primeira biografía da banda, posibelmente, máis relevante que deu a música de raíz tradicional galega durante estas dúas últimas décadas. A partir das confesións dos membros presentes e pasados do hoxe septeto, mais tamén de numerosos colaboradores, o libro reconstrúe unha historia de éxitos e incertezas, recoñecementos internacionais, ambicións e temores, personalidades complementarias, crises e reinvencións, compromisos estéticos e ousadías, como a autoxestión ou a democracia asemblearia. O libro, con abundantes fotografías inéditas, inclúe o DVD do concerto que Berrogüetto ofreceu o 13 de novembro de 2010 no Auditorio de Galicia, con motivo da presentación do seu álbum Kosmogonías, así como o CD coa banda sonora daquela histórica velada.
Voltar atrás

o-pulso-da-terra

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Top