O alento persoal e individual, o alento enraizado nunha cultura silenciada e, agora, proxectada. A danza cobra unha forma espontánea de frescura e de expresividade coa loita latexante da sempre inqueda comunicación artística.
En Alento únense distintos motivos sombreados, moitos espíritos herdados, moitos camiños encontrados.. xorde a arela de crear.
Galicia fala entre a música e a danza, respira entre os ollos que a miran. Galicia ámase.