Sobre o Álbum
Noró é un retrato do día a día de Xabier Díaz, das últimas viaxes, unha celebración do equilibrio da república adufeira. É a banda sonora do norte que ten marcado a súa vida, que a ten enchido de tradición e de son, e que o orienta cara camiños insospeitados por explorar.