Sobre o Álbum
Arrolos de salitre é un disco creado e producido por Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Estes arrolos están construídos dende a tradición ou empregando a mesma como materia prima para a súa elaboración. Once músicas cantadas por novas voces da escena galega: Carlos Álvarez, Diego Calviño, María Xosé Silvar, Davide Salvado, Fani Otero, Alba Gutiérrez, Xoán Curiel, Uxía Cribeiro e Jara Ortiz. Todas e todos danlle forma a un traballo de produción impecábel e de singular elegancia.