Xabier Diaz, Música galega contemporanea |
![]() |
|
CANTANTEÉ cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que xira na actualidade co espectáculo ALENTO. Participou no espectáculo CANTOS NA MARÉ xunto con Uxía Senlle, Chico Cesar , Manecas Costa e outros, en Pontevedra ( 2003 ). Traballou en diversos espectáculos en directo ao lado de Amancio Prada, Luar Na Lubre, Berrogüetto, Os Cempés, etc .. É un dos artistas en cartel do espectáculo AO PE DA LETRA (Punto de encontro de varios proxectos e artistas galegos procedentes de premisas e universos musicais diferentes, que queren tomar a palabra coa vontade de situar a voz no centro das súas creacións musicais. Neste proxecto explóranse as alturas e profundidades da lingua galega no territorio da música popular contemporánea). Ven de rematar cos músicos da compañía Nova Galega de Danza a gravación da música do primeiro espectáculo , ALENTO , polo que estiveron nominados como finalistas aos premios Max ( 2005 ) como MELLOR ESPECTÁCULO REVELACIÓN . Participou tamén como colaborador nos seguintes traballos discográficos. CIRCO MONTE CURUTO ( 2000 )NIN CANTO NIN TAMPOUCO / Ruote ( 2000 ) HEPTA / Berrogüetto ( 2001 ) FUERA / Carmen Rey ( 2002 ) COMPOSITOR * PRODUTORMÚSICAS DE SALITRE é o primeiro traballo no que revela asúa faceta de cantante e compositor . Foi membro fundador do grupo Rumbadeira co que ten editado tres traballos: PARA CANTAR COMO EU CANTO ( 1995 ) ,nos que foi o productor e compositor de varios temas. Ten participado como productor e coordinador no disco de Xiradela. XIRADELA ( 2003 ) DOCENTEFoi mestre ( 1993-1999 ) e director ( 1996-1999 ) da escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Ames. |
|