Xabier Diaz, Música galega contemporanea |
![]() |
|
Este proxecto é o resultado do encontro musical de dous homes, unha voz do norte ( Xabier Díaz ) e un guitarrista do sul ( Guillermo Fernández ). As músicas de salitre ficaban na gaiola dun soño compartido , hoxe celebramos a súa salgada liberdade. Unha guitarra do sul , unha voz nordestina , cloro e sodio ... química do Salitre . Lañade a vosa pel antes de escoitar estes contos, pendurádevos do tempo , respirade , calma . Xabier Díaz . “Músicas de Salitre” foi gravado integramente no transcurso do ano 2004, en Compostela, por eles dous e producido por Guillermo Fernández , contando coa colaboración de renomeados músicos como Xosé Lois Romero ( Acordeón e Pandeira ) , Paco Dicenta ( Baixo ) , Carmen Rey ( Voz ). |
|