Xabier Díaz & Irmáns Álvarez

bio
Un trío de instrumentistas tradicionais para revisar parte do cancioneiro e repertorio gaitístico froito de anos de gravacións realizadas polo propio Xabier e que agora son reinterpretadas nunha proposta contemporánea e distinta. Á par, tamén se revisa o disco de Xabier e as Adufeiras neste formato de trío: muiñeiras, pasodobles, xotas, mazurcas… Unha proposta nova e de desembarco lixeiro, con matices para moverse polo máis íntimo e tamén pola corda máis lúdica e divertida…

Xabier Díaz (voz, gaita e percusións)
Gutier Álvarez (zanfona e violín)
Javier Álvarez (acordeón diatónico)

Voltar atrás

Top