Xabier Díaz & Guillerme Fernández

bio

Cántalle o teu arrolo

Pequeno obradoiro para que as familias aprendan algunha das melodías tradicionais e adormenten aos nenos e nenas.

O obxectivo é que nais, pais, outros familiares e formadores poidan aprender a practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os seus bebés e comezar a transmitirlles a lingua e a música.

De impartir o obradoiro encárganse os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández -Berrogüetto e aCadaCanto- que, entre outros proxectos, publicaron o exitoso disco Arrolos de salitre, un álbum que contén precisamente 11 cantos de berce en galego. No obradoiro, as persoas participantes aprenderán a cantarlles aos bebés diversas nanas galegas, tanto de autoría como populares.

Voltar atrás

Top