Contar e cantar

bio

Este concerto ten como obxectivo que quen escoita viaxe en compañía dos pelexos de cabuxas e ovellas -convertidos en instrumento- pola xeografía sonora de Galicia, explore onde se tocaban e cales se tocaban, as técnicas propias de cada un dos instrumentos membráfonos de percusión, como eran aqueles bailes, polavilas, fiadas…

algunhas anécdotas e un repertorio asociado e reflectido de xeito crú, sen adobíos, peneirando o mapa que o mesmo intérprete percorreu durante vinte anos de traballos de campo que lle trouxeron esa aprendizaxe relacionada co folclore e os seus afluentes e esa outra que non ten forma… que vai chantada no corazón.

Ailalelo!!

Voltar atrás

Top