Kosmogonías [2010]

Kosmogonías lévanos ao punto de partida por excelencia, ao Big-Bang, ao triúnfo da materia sobre a antimateria, ao berro inicial do universo que coa súa radiación chega até nós. Kosmogonías é unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto. Berrogüetto para e destaca todas aquelas vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar o seu entorno.

Composto por once cancións, Kosmogonías mantén o estilo tan persoal e definido por Berrogüetto desde os seus inicios. Innovadores desde o seu primeiro traballo, este quinto disco supón unha colección de sons orgánicos, un traballo delicado onde se plasma a alma do grupo a través da súa especial concepción musical.

Voltar atrás
kosmogonias

Top