Coplas para Icía [2007]

Xabier Díaz remexe na terra, saca a música da aldea con todo coidado e pona no mundo. Pona como el a sinte, co seu aquel atlántico e con esa voz que bate ou aloumiña coma o mar.

No seu segundo traballo Coplas para Icía rescata músicas do pobo tomadas do seu propio arquivo musical, unha compilación froito do extenso traballo que el mesmo levou a cabo entre os anos 1990 e 2000. En Coplas para Icía ten como compañeiros de viaxe a Pedro Lamas e Suso Iglesias.

Voltar atrás

coplas para icia

Top