Arrolos de Salitre [2010]

Este disco inclúe arrolos do cancioneiro tradicional xunto a outros de autor, construídos tamén con ese mesmo substrato popular. Creado e producido por Xabier Díaz e Guillerme Fernández, Arrolos de Salitre conta coa participación de oito artistas emerxentes galegos que ceden as súas voces a estas cancións. Participan en Arrolos de Salitre Davide Salvado, Jara Ortiz, Uxía Cribeiro, Xoán Curiel, Alba Gutiérrez, Fani Otero, María Xosé Silvar, Carlos Álvarez e Diego Calviño. Todas e todos danlle forma a un traballo de produción impecábel e de singular elegancia.
Voltar atrás

arrolos-de-salitre

Top