aCadaCanto [2011]

aCadaCanto é un encontro inevitábel entre catro grandes da música en Galicia, Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero, que neste traballo se xuntan baixo formato de cuarteto, despois de coincidir artisticamente en dúos e tríos en múltiples ocasións.

En aCadaCanto amósannos cancións para soñar e gozar. Temas de autor, revisións da tradición e versións son parte das músicas que podemos atopar nesta viaxe.

Voltar atrás

aCadaCanto

Top